31 mar 2013

02. "Dentro" dos salgueiros.


Na parte norte da nosa leira hai un salgueiral.  É por alí por onde ven a maior parte da auga, e creo que entra en forma de augas freáticas superiores.

Aí nace a auga: mana de debaixo da terra formando o nacemento dun pequeno arroio.


O manancial convértese en dous pequenos rielos que baixan pola linde oeste da leira, inda que gran parte das augas acaban formando a xunqueira e a silveira que ocupan a metade norte da leira, é dicir, terei que conducir as augas dalgunha maneira se non quero ter media leira asulagada e convertida nunha lameira.



Sobre unha alfombra de fentos e de enredadeiras sobre as que vos preguntarei o nome máis adiante, medraron 10 ou 15 árbores pequenas.  Son éstas que aparecen en primeiro plano; son de folla grande e deben de ter un par de anos de idade.  Qué son?

E ésta é a alfombra de enredadeiras, se é que se poden chamar así. Outra vez... cómo se chama esa planta?


Bueno, xa vedes, no cumio da leira hai un salgueiral no que nace un manancial; as augas deste manancial infíltranse na terra e forman unha xunqueira e unha silveira na metade norte da leira (a metade sur é veiga-prado).  Na seguinte entrada, na 03, amosareivos a silveira.



Aperta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario